Hackathon Sanjurjo Badía
A hackathon Sanjurjo Badía é un evento de dous días no Palacio de Congresos Mar de Vigo. Unha hackathon consiste nunha competición de programación orientada ao hardware e os sectores marítimos.
En que consiste?
Os desenvolvedores empezan a xornada as 9 da maña nas charlas iniciais dos organizadores: conceptos básicos, presentación de mentores e un Quick Start sobre o desenvolvemento software no hardware dado. Unha vez rematadas empezan a facer grupos de entre 4 e 6 persoas e a continuación comezarán a programar o prototipo que eles pensarán. O domingo as 18:00 faixe a presentación do evento e cando acabe coñecese o gañador.
Canto custa?
O custe e 0€, queremos que todo o mundo asista. Os nosos patrocinadores van ser os encargados de costear a comida e bebida durante todo o fin de de semana, polo que o evento non ten ningún custo.
Non sei programar hardware!
Durante a hackathon contaremos con varios mentores con sobrado coñecemento de electrónica, Arduino, Udoo, etc.. Polo que se non sabes programar hardware é o mellor evento para aprender de man dos mellores profesionais da zona.
Ademais paralelamente a hackathon contaremos con varios Workshops inda por definir. Pero xa podemos anunciar que teremos workshops sobre impresión 3D, Udoo, iniciación de Arduino, etc.. Estes workshops serán totalmente gratuítos.
Que necesito levar?
Soamente un portátil. Os organizadores repartiran con todos os grupos unha praca Udoo e haberá uns cantos sensores, motores, etc... O hardware por desgraza é limitado, se tes unha idea e queres poder levala a cabo, animamoste a traer o teu hardware (Rasberry Pi, Arduino, sensores etc..) tamén podes consultar tendas como Bricogeek no caso de que precises mercar algo.
Teño que anotarme?
Temos un presuposto para 100 persoas. Debido a que nos temos que comprar comida, etc.. a inscrición e obrigatoria.
Canto dura?
O sábado estaremos dende as 9 da maña ata as 22:00. O domingo estaremos dende as 9:00 ata as 19:00 que é a hora que acaba o evento.
Tes algún tipo de alerxia alimentaria ou es vexetariano?
Se tes algún problema de alimentación tamén podes asistir. Pero rogámosche que nos escribas un email a eloy.coto@gmail.com o sayar.jesus@gmail.com para así poder facer un menú acorde a vos. <3
PATROCINADORES: